Un tiempo libre

Un tiempo libre / Aisialdi bat / Un tempo libre / Un temps lliure

domingo, 22 de enero de 2012

PRESENTACIÓN DO POEMARIO: 

UN TIEMPO LIBRE/ AISIALDI BAT/ UN TEMPO LIBRE/ UN TEMPS LLIURE

VENRES, 3 DE FEBREIRO DE 2012

20 HORAS 

NO CENTRO CULTURAL

RÚA TERCIO DE FÓRA 11
(Ó CARÓN DA PRAZA FERNANDO O CATÓLICO –PERTO DE VÍA NORTE–)

VIGO
INTERVIRÁN NO ACTO: 

DAVID TIJERO (TRADUTOR E POETA), LUCÍA NOVAS (TRADUTORA E POETA) E ESTEL JULIÁ (POETA E TRADUTORA, EDITORA E COORDINADORA DO PROXECTO)


PRESENTA:

Xoán Montero, profesor do Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo dende 2004, na actualidade desempeña o cargo de Vicedecano de Organización Académica da Facultade de Filoloxía e Tradución. Realizou o doutoramento europeo coa tese O proceso de tradución para a dobraxe das longametraxes de ficción galegas (1986-2006). Análise de tres casos, presentada na Universidade de Vigo no 2009. Ten no seu haber unha ampla carreira investigadora en relación coa tradución para medios audiovisuais recollida en diversas publicacións. Destacan o libro A tradución para a dobraxe en Galicia, País Vasco e Cataluña (Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo, Vigo, 2010) e a súa contribución a La traducción y su práctica (Vol. 1. La traducción del futuro: mediación lingüística y cultural en el siglo XXI) co artigo “Experiencias profesionales de un traductor de textos audiovisuales para la TVG” (Asociación Ibérica de Estudios de Traducción e Interpretación, Barcelona, 2008).

MÚSICA:

Bilal Traoré, Dakar, Senegal, 1968. Poeta, músico. Filólogo e narrador. O fado do destino tráeo ata Galiza. Arraigado á chuvia ó vento ó ritmo do djembé pouso de tantos camiños tripados, de xente diversa á que ofrece a súa alma africana. Artista interdisciplinar, fundador do grupo de percusión africana Deggo da Asociación Multicultural Sen Fronteiras e da Asociación Senegalesa Dioco. Participa no Brumario Poético de Pontevedra ademais de moitos outros recitais musicais, poéticos e, sobre todo, gústalle escribir versos, narración, artigos... crear música en linguas diferentes.

“Custoume moito decidirme a escribir en castelán, pero sempre sentín a necesidade de expresar os meus sentires nas linguas coas cales esperto e volvo durmir. Sinxelamente para min é un andar cara ó outro co outro que é o mesmo que dicir, sen perda ningunha, cara ás únicas fronteira útiles, as que separan a liberdade do desarraigo, que opoñen a palabra viva e fraterna ó silencio.” 



Tradución do Lucía Novas Garrido

No hay comentarios:

Publicar un comentario